Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas baseadas nos contidos gramaticais e léxicos impartidos. 50
-
Grammar: 30, Vocabulary: 20
Presentacións/exposicións
Avaliación das presentacións, simulacións e outras actividades orais realizadas nas clases prácticas.
30
Traballos de aula Probas de escoita realizadas nas respectivas sesións de aula. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este proceso de avaliación está deseñado para todo o alumnado que asista a clase regularmente. Excepcionalmente, aquelas persoas que non poidan asistir ao 80% das sesións presenciais por algunha causa xustificada e demostrada documentalmente, deberán comunicarllo por escrito ao profesorado da materia ao principio do cuadrimestre. Pasarán a ser avaliadas mediante un exame escrito a final de cuadrimestre que suporá o 70% da nota e constará de exercicios de gramática (30%), vocabulario (20%) e escoita (20%). Haberá tamén un exame oral que contará como o 30% restante. Para a realización desta proba, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado da materia con antelación.


Durante o curso, o profesorado informará con antelación suficiente das datas de entrega de exercicios realizados fóra da aula e das actividades que formen parte da avaliación continua. A non entrega de ditos exercicios ou a non participación nesas actividades de aula contará como cero puntos. O plaxio total ou parcial suporá a anulación da nota correspondente.


O alumnado que non supere a materia en maio poderase presentar en xullo para a segunda edición de actas. Nesta convocatoria faranse probas escritas e orais semellantes ás descritas ao final do primeiro parágrafo (exercicios de gramática: 30%, vocabulario: 20%, escoita: 20%, expresión oral: 30%). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000