Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Probas baseadas nos contidos impartidos durante o curso. use of English (30%), vocabulario (20%). 50
Resolución de problemas e/ou exercicios Presentacións orais e outras probas orais dos temas tratados durante o curso. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de listening 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario aprobar cada unha das probas, un
insuficiente nunha delas implica un suspenso na materia. As probas que non
sexan entregadas ou as feitas na aula que o alumnado non entregue por non
asistir á clase contarán como un cero. O plaxio considerarase como un suspenso.

O estudantado debe asistir ao 80 % das clases como mínimo, tanto nas horas
de teoría como nas de práctica e nas de laboratorio.Se algún estudiante non
pode asistir ás clases debe comunicarllo á profesora razoadamente e por escrito
durante os primeiros 15 días do curso. Durante ese prazo o alumnado poderá renunciar
á avaliación continua;daquela será avaliado na convocatoria de xullo cun exame; de escoller esta modalidade recoméndase o alumnado encarecidamente a asistencia a clase.
Pasado ese prazo o alumnado non poderá renunciar á avaliación continua e deberá
asistir ao 80% das clases como mínimo.



Os traballos solicitados pola profesora deben entregarse nos prazos marcados,
non se aceptarán aqueles entregados fóra de prazo.

O sistema de avaliación constará das seguintes partes:

1. As presentacións e outras probas orais sobre os temas tratados no curso
constituirán un 40% da nota final. Asignaráselle ao estudantado unha serie de
presentacións e outras probas orais que se levarán a cabo ao longo do curso.
Cada unha delas será avaliada e a suma de todas constituirá a nota final desta
sección. As presentacións ou outras probas orais ás que o alumnado non asista
contarán cunha nota de cero.

2.Faranse unha serie de probas durante o curso sobre os coñecementos de Use
of English que sumarán unha nota final do 30%. Do mesmo xeito que no apartado
anterior, as probas ás que o alumnado non asista contarán cunha nota de cero.

3. Realizaranse unha serie de probas sobre os contidos prácticos de
vocabulario que sumarán un 20% e de listening que sumarán un 10% da nota final.
A non asistencia a algunha delas contará cunha nota de cero.

Estes tipos de proba deben ser aprobados na súa totalidade. A nota final
obterase da suma das diferentes porcentaxes. Non obstante, se algunha está
suspensa suporá un suspenso na materia e non se fará a suma total das
porcentaxes. A avaliación será continua e non se fará exame final.

A segunda convocatoria consistirá nunha proba única sobre os coñecementos
teóricos e prácticos, así como as diferentes destrezas, na que se aplicarán as
mesmas porcentaxes da avaliación continua. Na segunda edición das actas
(convocatoria de xullo) o alumnado de avaliación continua que non superou a
primeira convocatoria deberá facer únicamente aquelas partes que non aprobou.
Se suspende esa convocatoria nas seguintes deberá examinarse da materia
completa.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000