Guia docente 2009_10
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro Idioma Estranxeiro III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións dos temas tratados durante o curso. 10%
Sesión maxistral Probas baseadas nos contidos impartidos durante o curso. 10%
Probas prácticas, de execución. Probas de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas sobre os contidos tratado en use of English, vocabulary, listening e/ou speaking. 30%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






Para superar a materia
será necesario aprobar cada unha das probas, un suspenso nunha delas implicará
un suspenso na materia. As probas que non sexan entregadas ou as feitas na
clase que o alumnado non entregue por non asistir á clase contarán como un
cero. O plaxio considerarase como un suspenso.


O estudantado debe
asistir ao 80 % das clases como mínimo, tanto nas horas de teoría como nas de
práctica e de laboratorio.


Os traballos
solicitados pola profesora deben entregarse nos prazos marcados, non se
aceptarán os entregados fóra de prazo.




O alumnado que non
asista á clase fará a proba final que contará o 100 % da nota. O estudantado
que asista á clase fará avaliación continua e a proba final contará 50 % da
nota final.


O sistema de avaliación
constará das seguintes partes:


1. As presentacións
sobre os temas tratados no curso constituirán un 10 % da nota final.
Asignaráselle ao estudantado unha serie de presentacións que as realizará ao
longo do curso. Cada unha delas será avaliada, e a suma de todas constituirá
a nota final desta sección. As presentacións as que o alumnado non asista
contarán cunha nota de cero.


2. Sesión maxistral. Faranse
unha serie de probas sobre os coñecementos teóricos da materia que sumarán
unha nota final do 10 %. Do mesmo xeito que no apartado anterior, as probas as
que o alumnado non asista contarán cunha nota de cero.


3. Probas prácticas. Efectuaranse
unha serie de probas sobre os contidos prácticos e as distintas destrezas que
sumarán un 30 % da nota final. A non asistencia contará cunha nota de cero.


4. Proba final. Farase
unha proba final sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos no
curso que sumará un 50 % da nota final.


Estes catro tipos de
proba deben ser aprobados na súa totalidade. A nota final obterase da suma
das diferentes porcentaxes. Non obstante, se algunha está suspensa suporá un
suspenso na materia e non se fará a suma total das porcentaxes.


A segunda convocatoria
consistirá nunha proba única sobre os contidos teóricos e prácticos do curso,
así como as catro destrezas.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000