Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura: Pensar a literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a atención e a capacidade para intervir propoñendo ou rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión. 10
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias relacionadas coa materia, que virán seguidas por unha posta en común e debate cando proceda. 5
Presentacións/exposicións Valorarase a seriedade, a orixinalidade e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. 10
Traballos de aula Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a seriedade e a capacidade crítica. Penalízase o plaxio. 15
Traballos e proxectos Valorarase a profundidade do tratamento do tema, a orixinalidade (estará penalizada ao máximo a copia) e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. 35
Probas de resposta curta Cualificarase o nivel de coñecemento da materia, e o uso impecablemente correcto da linguaxe. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua, o que implica asistencia, participación e traballos. Se non pode seguir a avaliación continua o alumno/a deberá
comunicarllo argumentadamente ao profesorado.

Se o alumno/a prevé a imposibilidade de asistencia ás clases, deberá
comunicarllo e xustificarllo ao profesorado.

Nos casos de renuncia á avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante proba única, que se celebrará ao final do cuadrimestre en horario de aulas. A proba constará de preguntas e exercicios sobre os contidos e lecturas do programa.

A mesma estrutura terá a proba na segunda edición de actas (xullo).

Na proba da segunda edición de actas, será preciso examinarse da materia íntegra.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000