Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura: Pensar a literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a atención e a capacidade para intervir propoñendo ou rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión. 10
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias relacionadas coa materia, que virán seguidas por unha posta en común e debate cando proceda. 5
Debates A participación é unha obriga. Valorarase o acertado da intervención e a súa adecuación aos valores democráticos. 10
Presentacións/exposicións Valorarase a seriedade, a orixinalidade e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. 10
Traballos de aula Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a seriedade e a capacidade crítica. Penalízase o plaxio. 10
Titoría en grupo Valorarase a preparación coa que se chega antes da presentación dun traballo de clase e o compromiso de cada persoa co grupo. 5 %
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Cualificarase o nivel de comprensión e de coñecemento da materia, e o uso impecablemente correcto da linguaxe. 25
Traballos e proxectos Valorarase a profundidade do tratamento do tema, a orixinalidade (estará penalizada ao máximo a copia) e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua, o que implica asistencia, participación, e
traballos. Se non pode seguir a avaliación continua o alumno/a deberá
comunicarllo argumentadamente ó profesor. 

Se o alumno/a prevé a imposibilidade de asistencia a clase, deberá
comunicarllo e xustificarllo. 

Nos casos de renuncia á avaliación continua, o alumnado será avaliado
mediante proba única, na data fixada polo Decanato. A proba constará de
preguntas e exercicios sobre os contidos e leturas do programa. A mesma
estrutura tendrá a proba na segunda edición de actas (xullo).

Na
proba da segunda edición de actas, será preciso examinarse da materia íntegra. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000