Guia docente 2009_10
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura: Pensar a Literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a atención e a propia capacidade do alumnado para intervir propoñendo ou rebatendo ideas, ou manifestando as propias dúbidas ou dificultades de comprensión ante a exposición da profesora. 10 %
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias relacionadas coa materia, que virán seguidas por unha posta en común do contido da conferencia (argumento, ideas a favor ou en contra, valoración da claridade expositiva, do valor das ideas etc.). 5 %
Debates A participación é unha obriga. Valorarase o acertado da intervención (que deixe claro o coñecemento do tema discutido e o uso dunha linguaxe adecuada ao contexto) e a súa adecuación aos valores democráticos (linguaxe non sexista, respecto ás diferenzas e á diversidade etc.). 15 %
Presentacións/exposicións Valorarase a profundidade do tratamento do tema, a orixinalidade e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. 15 %
Traballos de aula Cualificarase o resultado final do traballo na aula: o afondamento no tratamento da temática e a capacidade para facer unha lectura crítica dos materiais de traballo. 10 %
Titoría en grupo Valorarase a preparación coa que se chega antes da presentación dun traballo de clase e o compromiso de cada persoa co grupo. 5 %
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Cualificarase o nivel de comprensión e de coñecemento da materia, e o uso impecablemente correcto da linguaxe. 20 %
Traballos e proxectos Valorarase a profundidade do tratamento do tema, a orixinalidade (estará penalizada ao máximo a copia) e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. 20 %
 
Outros comentarios sobre a Avaliación









A segunda convocatoria
será un exame final de carácter teórico-práctico, en que haberá que demostrar
o coñecemento da materia (en profundidade e con sentido crítico) e o
coñecemento das normas (gramaticais e en valores) do uso da lingua.




Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000