Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura: Pensar a literatura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor explicará os contidos da materia. A continuación, o alumnado deberá expor preguntas, obxeccións, críticas, valoracións. Penalizarase a pasividade en clase, ou a ausencia de intervencións. O alumnado debe facer preguntas ao profesor constantemente sobre os contidos da materia.
Traballos de aula Traballos de análise literaria dos textos presentados nas clases. Estes traballos, así como as intervencións orais respecto diso, serán obxecto de avaliación para o alumnado que siga a avaliación continua ou alumnado presencial. Non o será para o alumnado que siga a avaliación final ou única, é dicir, para o alumnado non presencial.
Presentacións/exposicións Exposición oral dos traballos da materia. Valorarase de forma específica a claridade expositiva e o uso correcto dos conceptos e contidos, así como o uso e dominio dun rexistro lingüístico adecuado á situación. Estes traballos, así como as intervencións orais respecto diso, serán obxecto de avaliación para o alumnado que siga a avaliación continua ou alumnado presencial. Non o será para o alumnado que siga a avaliación final ou única, é dicir, para o alumnado non presencial.
Prácticas en aulas informáticas Proporcionarase ao alumnado materiais de traballo, que requirirán o uso de equipos informáticos, ou dunha aula informática: documentación, información, exercicios, materiais docentes e recursos audiovisuais (vídeos docentes, dispoñibles en UVIGO TV). Será necesario o uso de correo electrónico para recibir a información que enviará semanalmente o profesor. Será necesario dispor dunha conexión a internet e seguir os materiais do curso desde esta páxina da Universidade de Vigo (é obrigatorio para todo o alumnado, tanto presencial ou de avaliación continua como non presencial ou de avaliación final ou única rexistrarse nesta plataforma informática): http://mooc.campusdomar.es/courses/uvigo/cstl001/2016/about
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000