Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura: Pensar a literatura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor explicará os contidos da materia. A continuación, o alumnado deberá expor preguntas, obxeccións, críticas, valoracións. Penalizarase a pasividade en clase, ou a ausencia de intervencións. O alumnado debe facer preguntas ao profesor constantemente sobre os contidos da materia.
Traballos de aula Traballos de análise literaria dos textos presentados nas clases.
Presentacións/exposicións Exposición oral do traballo de investigación da materia, pondo especial énfase na claridade expositiva e no uso dun rexistro lingüístico adecuado á situación.
Prácticas en aulas de informática Proporcionarase ao alumnado materiais de traballo, que requirirán o uso de equipos informáticos, ou dunha aula informática: documentación, información, exercicios, materiais docentes e recursos audiovisuais (vídeos docentes, dispoñibles en UVIGO TV). Será necesario o uso de correo electrónico para recibir a información que enviará semanalmente o profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000