Guia docente 2009_10
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura: Pensar a Literatura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral A profesora explicará sempre en profundidade os temas a tratar na materia.
Eventos docentes e/ou divulgativos O estudantado asistirá a conferencias ou a calquera outro evento formativo que se organice na Facultade e teña relación coa materia.
Debates O alumnado, organizado en grupos, debe defender oralmente unha idea, unha tendencia artística, una actitude crítica ante certos textos ou escolas críticas etc.
Presentacións/exposicións Exposición oral do traballo de investigación da materia, poñendo especial énfase na claridade expositiva e no uso dun rexistro lingüístico adecuado á situación.
Traballos de aula Traballos de carácter práctico de análise literaria.
Titoría en grupo De preparación dos traballos que deben ser expostos, onde se resolverán todas as dúbidas que poida haber con anterioridade á exposición.
Actividades introdutorias Presentación da materia e explicación dos contidos do temario, así como a advertencia sobre os prerrequisitos para poder ter un resultado exitoso no curso da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000