Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingüística: Describir a linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma A adquisición de competencias activas no desenvolvemento de problemas do ámbito da lingüística será avaliada a través da revisión dos exercicios entregados. 20 CE4
CE5
CE6
CE8
CE9
CE10
CE12
CT1
Probas de resposta curta Exame parcial despois do primeiro bloque de contidos da materia. O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, ás cuestións que se lle expoñan. 50 CE3
CE4
CE5
CE6
CE8
CE11
CE12
CE13
CT1
Probas de resposta curta Exame parcial despois do segundo bloque de contidos da materia. O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, ás cuestións que se lle expoñan. 30 CE3
CE4
CE5
CE6
CE8
CE11
CE12
CE13
CT1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación será continua e realizarase consonte o detallado
máis arriba. É obrigatorio realizar todas as probas previstas
na avaliación. A nota final calcularase a partir das notas
obtidas nas probas parciais, aplicando as porcentaxes de
puntuación especificadas no apartado anterior. O primeiro exame parcial terá lugar aproximadamente na
sexta semana de clases, e o segundo exame parcial a finais de
maio despois do período de docencia.
O alumnado que non consiga superar a materia nesta primeira
edición das actas, será avaliado na segunda edición das
actas mediante un exame baseado nos contidos suspensos
da materia.

Todas as probas (exames parciais e
traballos escritos) cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico.

O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse
ao exame correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira
edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso.

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación
única na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan
facer un seguimento regular da materia. Neste caso, a/o alumna/o deberá
comunicarllo ao profesor argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas
primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame único baseado nos
contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. Este exame terá lugar na mesma data ca o segundo exame
parcial (isto é, a finais de maio, despois do período de docencia). A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do
dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

Non é obrigatorio asistir ás aulas, aínda que se recomenda
encarecidamente asistir con regularidade e participar de maneira activa no
desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da
materia a través de Faitic e estar ao tanto das datas de realización das probas.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS


Na segunda edición de actas a avaliación levarase a
cabo mediante un exame baseado nos contidos suspensos da
materia.

Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000