1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS A avaliación será continua e realizarase consonte o detallado
máis arriba. É obrigatorio realizar todas as probas previstas
na avaliación. A nota final calcularase a partir das notas
obtidas nas probas parciais, aplicando as porcentaxes de
puntuación especificadas no apartado anterior. O primeiro exame parcial terá lugar aproximadamente na
sexta semana de clases, e o segundo exame parcial a finais de
maio despois do período de docencia.
O alumnado que non consiga superar a materia nesta primeira
edición das actas, será avaliado na segunda edición das
actas mediante un exame baseado nos contidos suspensos
da materia. Todas as probas (exames parciais e
traballos escritos) cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico. O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse
ao exame correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira
edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso. Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación
única na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan
facer un seguimento regular da materia. Neste caso, a/o alumna/o deberá
comunicarllo ao profesor argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas
primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame único baseado nos
contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. Este exame terá lugar na mesma data ca o segundo exame
parcial (isto é, a finais de maio, despois do período de docencia). A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do
dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic. Non é obrigatorio asistir ás aulas, aínda que se recomenda
encarecidamente asistir con regularidade e participar de maneira activa no
desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da
materia a través de Faitic e estar ao tanto das datas de realización das probas. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS
Na segunda edición de actas a avaliación levarase a
cabo mediante un exame baseado nos contidos suspensos da
materia. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. |