Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingüística: Describir a linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Pedirase ao alumnado que emita un xuízo razoado sobre un caso ou unha situación lingüística. Pode facerse tomando como base un texto. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma A adquisición de competencias activas no desenvolvemento de problemas do ámbito da lingüística será avaliada a través da revisión dos exercicios entregados. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As alumnas e alumnos deberán resolver exercicios de análise lingüística, nun nivel básico, de linguas diferentes. 35
Probas de resposta curta O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, ás cuestións que se lle plantexen. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación
é continua. Requírese o 80% de presencialidade na aula.

As alumnas e
alumnos que se vaian acoller á modalidade semipresencial deberán comunicárllelo
aos profesores, por correo electrónico ou por calquera outro procedemento, ao comezo
do cuadrimestre.

Neste caso
esixirase a asistencia ao 40% das sesións presenciais. Estableceranse
procedementos de avaliación continua, equivalentes aos que realiza o alumnado
presencial, a través da plataforma de e-learning.

Existe unha
modalidade alternativa de avaliación única para o alumnado que non vaia
seguir o sistema de avaliación continua por algunha das causas que recollen as
normativas aplicables (por exemplo, por simultanear os estudos cunha actividade
laboral) e que deberá xustificarse, en todo caso, durante as primeiras semanas
de impartición da materia.

A modalidade
alternativa de avaliación única consistirá nunha proba escrita na cal se
avaliará o grao de adquisición das competencias específicas da materia, poñendo
especial atención na adquisición dos conceptos básicos e na habilidade de solución
de problemas relacionados coa linguaxe e as linguas. Esta proba realizarase no
período comprendido entre o 11 e o 22 de maio.

Quen non
consiga cumprir os mínimos requiridos para aprobar polo sistema de avaliación continua
poderá facer unha proba final, na data oficial de xullo (con vistas á segunda
edición de actas). Tamén poderá optar a esta segunda oportunidade aquel
alumnado que non superase a materia na primeira edición das actas polo sistema
de avaliación única. Consistirá nunha proba escrita na cal se avaliará o grao
de adquisición das competencias específicas da materia, poñendo especial
atención na adquisición dos conceptos básicos e na habilidade de solución de
problemas relacionados coa linguaxe e as linguas.

Se se precisa
unha adaptación da avaliación por razón de discapacidade, debe informarse aos
profesores coa debida antelación. Deberá aportarse documentación xustificativa.

Apreciarase o
rigor e o traballo individual na elaboración dos exercicios de curso. As
prácticas de copia ou plaxio serán penalizadas e poderán supor o suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000