A avaliación
é continua. Requírese o 80% de presencialidade na aula. As alumnas e
alumnos que se vaian acoller á modalidade semipresencial deberán comunicárllelo
aos profesores, por correo electrónico ou por calquera outro procedemento, ao comezo
do cuadrimestre. Neste caso
esixirase a asistencia ao 40% das sesións presenciais. Estableceranse
procedementos de avaliación continua, equivalentes aos que realiza o alumnado
presencial, a través da plataforma de e-learning. Existe unha
modalidade alternativa de avaliación única para o alumnado que non vaia
seguir o sistema de avaliación continua por algunha das causas que recollen as
normativas aplicables (por exemplo, por simultanear os estudos cunha actividade
laboral) e que deberá xustificarse, en todo caso, durante as primeiras semanas
de impartición da materia. A modalidade
alternativa de avaliación única consistirá nunha proba escrita na cal se
avaliará o grao de adquisición das competencias específicas da materia, poñendo
especial atención na adquisición dos conceptos básicos e na habilidade de solución
de problemas relacionados coa linguaxe e as linguas. Esta proba realizarase no
período comprendido entre o 11 e o 22 de maio. Quen non
consiga cumprir os mínimos requiridos para aprobar polo sistema de avaliación continua
poderá facer unha proba final, na data oficial de xullo (con vistas á segunda
edición de actas). Tamén poderá optar a esta segunda oportunidade aquel
alumnado que non superase a materia na primeira edición das actas polo sistema
de avaliación única. Consistirá nunha proba escrita na cal se avaliará o grao
de adquisición das competencias específicas da materia, poñendo especial
atención na adquisición dos conceptos básicos e na habilidade de solución de
problemas relacionados coa linguaxe e as linguas. Se se precisa
unha adaptación da avaliación por razón de discapacidade, debe informarse aos
profesores coa debida antelación. Deberá aportarse documentación xustificativa. Apreciarase o
rigor e o traballo individual na elaboración dos exercicios de curso. As
prácticas de copia ou plaxio serán penalizadas e poderán supor o suspenso. |