Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingüística: Describir a linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Pedirase ao alumnado que emita un xuízo razoado sobre un caso ou unha situación lingüística. Pode facerse tomando como base un texto. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma
A adquisición de competencias activas no desenvolvemento de problemas do ámbito da lingüística será avaliada a través da revisión dos exercios entregados.
30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As alumnas e alumnos deberán resolver exercicios de análise lingüística, nun nivel básico, de linguas diferentes 30
Probas de resposta curta O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, ás cuestións que se lle plantexen. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua. Requírese o 80% de presencialidade na aula.

As alumnas e alumnos que se vaian acoller á modalidade semipresencial deberán comunicarllo á profesora, por correo electrónico ou por calquera outro procedemento, ao comezo do cuadrimestre e non máis tarde do 15 de febreiro de 2012. Neste caso esixirase a asistencia ao 40% das sesións presenciais. Estableceranse procedementos de avaliación continua, equivalentes aos que realiza o alumnado presencial, a través da plataforma de e-learning.

Existe unha modalidade alternativa de avaliación única para que o alumnado que non vaia seguir o sistema de avaliación continua por algunha das causas que recollen as normativas aplicables (por exemplo, por simultanear os estudos cunha actividade laboral) e que deberá xustificarse, en todo caso, durante as primeiras semanas de impartición da materia, e nunca despois do 15 de febreiro.

A modalidade alternativa de avaliación única consistirá nunha proba escrita na cal se avaliará o grao de adquisición das competencias específicas da materia, poñendo especial atención na adquisición dos conceptos básicos e na habilidade de solución de problemas relacionados coa linguaxe e as linguas. Esta proba realizarase na última semana lectiva do cuadrimestre, coincidindo co horario habitual de clases.

Quen non consiga cumprir os mínimos requiridos para aprobar polo sistema de avaliación continua poderá facer unha proba final, na data oficial de xullo (con vistas á segunda edición de actas). Tamén poderá optar a esta segunda oportunidade aquel alumnado que non superase a materia na primeira edición das actas polo sistema de avaliación única. Consistirá nunha proba escrita na cal se avaliará o grao de adquisición das competencias específicas da materia, poñendo especial atención na adquisición dos conceptos básicos e na habilidade de solución de problemas relacionados coa linguaxe e as linguas. 

Se se precisa unha adaptación da avaliación por razón de discapacidade, debe informarse á profesora coa debida antelación. Deberá aportarse documentación xustificativa.

Apreciarase o rigor e o traballo individual na elaboración dos exercicios de curso. As prácticas de copia ou plaxio serán penalizadas e poderán supor o suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000