Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingüística: Describir a linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Pedirase ao alumnado que emita un xuízo razoado sobre un caso ou unha situación lingüística. Pode facerse tomando como base un texto. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma A adquisición de competencias activas no desenvolvemento de problemas do ámbito da lingüística será avaliada de xeito continuo, a través da revisión dos exercios entregados. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As alumnas e alumnos deberán resolver exercicios de análise lingüística, nun nivel básico, de linguas diferentes 30
Probas de resposta curta O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, ás cuestións que se lle plantexen. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua. Requírese o 80% de presencialidade na aula.


As alumnas e alumnos que se vaian acoller á modalidade semipresencial deberán comunicalo á profesora, por correo electrónico ou por calquera outro procedemento, ao comezo do cuadrimestre e non máis tarde do 15 de febreiro de 2012. Neste caso esixirase a asistencia ao 40% das sesións presenciais. Estableceranse procedementos de avaliación continua, equivalentes aos que realiza o alumnado presencial, a través da plataforma de e-learning.


Existe unha modalidade alternativa de avaliación única para que o alumnado que non vaia seguir o sistema de avaliación continua por algunha das causas que recollen as normativas aplicables (por exemplo, por simultanear os estudos cunha actividade laboral) e que deberá xustificarse, en todo caso, durante as primeiras semanas de impartición da materia, e nunca despois do 15 de febreiro.


A modalidade alternativa de avaliación única consistirá nunha proba escrita na cal se avaliará o grao de adquisición das competencias específicas da materia, poñendo especial atención na adquisición dos conceptos básicos e na habilidade de solución de problemas relacionados coa linguaxe e as linguas.


Quen non consiga cumprir os mínimos requiridos para aprobar polo sistema de avaliación continua poderá facer unha proba final, na data oficial de xullo (con vistas á segunda edición de actas). Tamén poderá optar a esta segunda oportunidade aquel alumnado que non superase a materia na primeira edición das actas polo sistema de avaliación única. Consistirá nunha proba escrita na cal se avaliará o grao de adquisición das competencias específicas da materia, poñendo especial atención na adquisición dos conceptos básicos e na habilidade de solución de problemas relacionados coa linguaxe e as linguas.


Se se precisa unha adaptación da avaliación por razón de discapacidade, debe informarse á profesora coa debida antelación. Deberá aportarse documentación xustificativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000