Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingüística: Describir a linguaxe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia: metodoloxía, contidos e avaliación.
Sesión maxistral Presentación introdutoria de contidos.
Estudo de casos/análises de situacións Presentarase un tema a debate, tomado da historia da lingüística ou da realidade cotiá. O alumnado desenvolverá o seu xuízo crítico para analizar as situacións propostas.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma A partir dos datos e das instrucións que se proporcionen na aula, a alumna ou alumno deberá dar coa resposta adecuada a problemas ou exercicios.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade que consiste en explicitar e comentar as solucións aos exercicios que complementan a parte teórica de cada tema.
Titoría en grupo A profesora ou profesor resolverá as dúbidas que teña o alumnado tanto no que se refire aos conceptos introducidos como a forma de resover os problemas ou casos. Para iso, poderá aportar información adicional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000