Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso.
40 A1
C15
C16
C17
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización de exercicios ou tarefas sobre temas específicos tratados na aula ou indicados polo profesor.
20 A1
A5
B5
B13
C14
C15
C16
C17
C19
Outras Proba oral individual. 30 C14
C15
C16
C18
Observación sistemática Observación das prestacións do alumnado nos ámbitos de "Resolución de problemas e/ou exercicios", "Traballos de aula", a participación en xeral e a asistencia ás actividades relacionadas coa materia. 10 A4
B13
C14
C15
C16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os
estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua
(cf. supra a descrición en “Avaliación”)
ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

Avaliación continua

Dado
que se trata do ensino dunha lingua estranxeira é moi recomendábel asistir con
regularidade ás aulas. Quen non teña posibilidade de asistir a un mínimo de 80%
das aulas debe comunicalo ao profesorado. En todo caso, a non realización de
probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) suporá
a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta.

A
data do último exame de avaliación continua, tanto a proba escrita como a oral, coincidirá coa data do exame de avaliación
única recollida no calendario oficial da FFT.

A proba oral realizarase despois da proba escrita nunha sala contigua e será gravada en formato audio.

É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia. En caso de suspenso, haberá que recuperar na convocatoria de xullo exclusivamente a parte ou partes suspensas .

A
avaliación única consiste dunha
proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día en salas
de aula contiguas, na data establecida no calendario oficial de exames da FFT. É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia e, en caso de suspenso, haberá que recuperar ambas as probas
na convocatoria de xullo.

A
avaliación única valorarase da seguinte forma:

1.
Proba escrita teórico-práctica: 75% da nota final.

2.
Proba oral: 25% da nota final. Esta proba será gravada en formato audio e a
participación nela suporá o consentimento da gravación.

É
preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia.

A
non presentación a unha das probas sen xustificante suporá a obtención dunha
cualificación de 0 (cero) puntos na mesma.

 

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios da avaliación única aplicaranse na segunda edición
das actas (xullo). O exame escrito e oral terá lugar na data recollida no
calendario oficial da FFT para o período de exames de xullo.

O
alumnado de avaliación continua que non supere a materia na primeira
convocatoria e teña que acudir á segunda edición das actas terá que examinarse
EXCLUSIVAMENTE da parte ou partes que teñan suspensas (exame oral e/ou
escrito).

A
copia ou o plaxio nos respectivos exames das avaliacións continua ou única será
penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nestas.

En
todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás titorías e a consulta
dos materiais e informacións específicas na plataforma FAITIC, mesmo que non se
siga o sistema de avaliación continua.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000