Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Portugués
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Sesións prácticas: exercicios gramaticais e revisións que requiren unha preparación previa por parte do alumnado. Traballos en grupo e exposicións na aula. O alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic das indicacións e dos materiais necesarios para realizar os exercicios correspondentes e para avanzar en cada unidade temática.
Traballos de aula Sesións prácticas, exercicios prácticos de produción oral e escrita. Revisión de contidos gramaticais con exercicios realizados dentro da aula. O alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic das indicacións e dos materiais necesarios para realizar os traballos correspondentes e para avanzar en cada unidade temática.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, filmes, seminarios, prácticas de campo e outras actividades relacionadas cos contidos da materia.
O alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic das indicacións e dos materiais necesarios para acompañar os eventos docentes e divulgativos.
Sesión maxistral O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia e orientando ao alumnado nas lecturas obrigatorias relacionadas con cada tema.
O alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic das indicacións e dos materiais necesarios para avanzar en cada unidade temática.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000