Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valoración continua da asistencia a clase e da participación activa en todas as actividades desenvolvidas na aula. Puntuación de traballos e exercicios entregados durante o curso. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B10
B12
B13
C14
C15
C17
C18
C19
C147
Probas de resposta curta Exame escrito de contido léxico e gramatical. 80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B10
B12
B13
C14
C15
C17
C18
C19
C147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

A avaliación e a consecuente
cualificación do traballo do alumnado levará a cabo cun procedemento de avaliación
continua
de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. Os
traballos de aula desenvolveranse habitualmente cunha frecuencia semanal e a proba escrita realizarase durante o período de exames de forma que coincida coa data establecida pola Xunta de FFT para o exame da avaliación única. Para obter o 20% establecido para os traballos de aula, deberanse entregar e ser avaliados polo menos 4 destes traballos, pola contra perderase esa porcentaxe da nota. A nota mínima para aprobar o conxunto da materia será un 5, resultado da nota obtida mediante a suma das cualificacións porcentuadas correspondentes ás dúas porcentaxes citados. O alumnado que suspenda a evolución continua será examinado de toda
a materia de acordo ao exposto máis abaixo referente á convocatoria de xullo.
O alumnado que se acolla á avaliación continua non terá obrigación de realizar ningunha proba oral, xa que as capacidades de correcta pronuncia, así como de compresión e produción oral serán avaliadas mediante o traballo diario na aula.

O alumnado que non se acolla ao
sistema de avaliación continua e elixa a avaliación única deberá realizar un
exame escrito sobre os contidos da materia vistos no curso durante o período de exames na data establecida pola Xunta de FFT para a avaliación única - máis outra proba oral noutra data distinta concertada co profesorado. O
primeiro terá un valor do 80% e o segundo un valor do 20% da nota. No entanto, só poderán acceder ao exame oral os alumnos que obtivesen como mínimo unha nota de 4 no exame escrito.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):

Para o alumnado que se acolleu ao sistema de avaliación continua, consistirá nun exame escrito teórico-práctico dos contidos do curso polo 100% da
cualificación que será realizado nas datas establecidas no calendario oficial da FFT. Para o alumnado que durante o curso acolleuse á avaliación
única, este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que
facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a
materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a
materia. A proba escrita terá lugar en ambos os casos na data oficial establecida pola Xunta de FFT. A proba oral realizarase nunha data concertada co
profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000