Valoración continua da participación activa nas actividades de presentación e control das prácticas lingüísticas, gramaticais e léxicas e de Landeskunde.
20
A5
C1 C3 C7 C12 C13
D5
Probas de resposta curta
Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde.
80
C5 C10
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. Os traballos de aula desenvolveranse semanalmente e a proba escrita realizarase na derradeira semana de clase. O alumnado que suspenda será examinado de toda a materia de acordo ao exposto máis abaixo, referente á convocatoria de xullo.
O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.
Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia.
SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado.