Guia docente 2009_10
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo Idioma Estranxeiro I: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valoración continua da asistencia e participación. 15%
Traballos de aula Valoración continua da asistencia e participación activa nas actividades lingüísticas e de Landeskunde. 15%
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoración continua das prácticas gramaticais e léxicas. 20%
Traballos tutelados Valoración global das actividades de repaso. 10%
Probas de resposta curta Exame escrito de contido léxico, gramatical e de Landeskunde.
40%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






CONVOCATORIA ORDINARIA


Ofrécense dous sistemas de avaliación: continua e
semipresencial.


O sistema de avaliación continua implica a asistencia regular e a
participación activa do alumnado no desenvolvemento das clases maxistrais,
así como nos traballos de aula e nos tutelados, o que computa un 40 % da nota
final. Non se obterá puntuación por este concepto cando a asistencia sexa
inferior a un 80 % do total das horas de clase. Informarase a profesora de
calquera incidencia en relación coa non asistencia ás clases. Dentro deste
concepto, as actividades voluntarias computan nunha porcentaxe do 10 %. O
resto de porcentaxes guíase segundo a desagregación da táboa anterior.


Como alternativa ao sistema de avaliación continua ordinario, proponse un
sistema de semipresencialidade, segundo o cal o alumnado que se acolla a
el terá que realizar con éxito as seguintes probas e tarefas para superar a materia:
un exame escrito final de contido léxico, gramatical e de Landeskunde
(50 %) e a entrega de dous traballos de contido lingüístico e/ou
cultural (50 %). Estes traballos acordaranse entre a docente e o estudantado.


CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA


Exame teórico-práctico dos contidos do curso (100 %).


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000