Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Alemán
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución: a lingua alemá e a súa aprendizaxe. Letras e sons. Os países alemáns: DACHL. As cidades.
2. O xénero: o artigo e o nome. O presente dos verbos regulares. Tipos de palabras e o dicionario.
3. A vida alemá. Situacións habituais: saúdos, presentacións, etc.
4. O verbo na frase. O nominativo e o acusativo. O mapa de Europa. Países, linguas e xentilicios.
5. Formación do plural. Os estados da República Federal Alemá.
6. Composición e derivación. Os verbos irregulares. Nomes compostos e prefixos verbais.
7. Os verbos modais. O imperativo. As tradicións e o Nadal.
8. O verbo e os complementos: Acusativo e dativo. O pronome posesivo. Aprender unha lingua estranxeira.
Observación: Este temario inicial, no que se propón un estudo da lingua e da cultura alemás, entendendo con isto a lingua e a cultura dos pobos que se expresan en alemán e de modo principal Alemaña, Austria e Suíza, está aberto a novas propostas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases desta materia no referente aos temas de Landeskunde aquí propostos. Outros temas de contido cultural ou de Landeskunde.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000