Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Os exercicios a través da plataforma Tema serán corrixidos individualmente e avaliados. 10 A1
A2
A4
B10
C14
Traballos tutelados Presentación individual ou en grupo do traballo autónomo do alumno.
Ficha de lectura do libro
Tema de civilización
10 A1
A2
A4
B1
B8
C15
C17
C18
C19
C22
Presentacións/exposicións Presentación oral individual ou en grupo do traballo autónomo do alumno. 10 A1
A3
A4
B1
C14
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado realizará exercicios teórico-prácticos ao longo do curso sobre os contidos explicados pola profesora nas sesións teóricas. 10 A1
A2
A4
B4
Probas de resposta curta - Proba final sobre os contidos teóricos
- Proba final sobre os contidos prácticos
60 A1
A2
A4
A5
C17
C18
C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: 
Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. As probas non entregadas contarán coma un cero. Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos (un por mes) na data requirida e sinalada no primeiro mes do curso, e terán que superar cun mínimo dun 4 cada unha das partes en calquera das modalidades. De non ser así, o alumnado terá que facer o exame final. Este exame final terá lugar no período de exames na data aprobada en Xunta de FFT. 

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar cos profesores ao comezo do curso. Nese caso poderán examinarse do 100% da materia polo sistema de avaliación única coa seguinte cualificación: 50% teoría, 50% práctica. Este exame final terá lugar no período de exames na data aprobada en Xunta de FFT. 

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): 
Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo 100% da cualificación (50% teoría, 50% práctica) para o alumnado que non superara a materia na primeira edición. Este exame terá lugar no período de exames de xullo na data aprobada en Xunta de FFT. 

Notas xerais:
 En caso de copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. 
Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente os medios de comunicación franceses.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000