Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas autónomas a través de TIC Os exercicios a través da plataforma Tema serán corrixidos individualmente e avaliados. 10 A1
A2
A4
C1
D2
Traballos tutelados Presentación individual ou en grupo do traballo autónomo do alumno.
Ficha de lectura do libro
Tema de civilización
10 A1
A2
A4
C1
C10
D3
Presentacións/exposicións Presentación oral individual ou en grupo do traballo autónomo do alumno. 10 A1
A4
C1
C4
D2
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado realizará exercicios teórico-prácticos ao longo do curso sobre os contidos explicados pola profesora nas sesións teóricas. 10 A1
A2
A4
C1
D2
D5
Probas de resposta curta - Proba final sobre os contidos teóricos
- Proba final sobre os contidos prácticos
60 A1
A4
C1
C8
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba.  O exame terá lugar na derradeira semana do curso.

Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos (un por mes) na data requirida, sinalada no primeiro mes do curso. e terán que superar cun minimo dun catro cada una das partes na calquera das modalidades, si non terán que ir o Final. As probas non entregadas contarán como un cero.

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a
avaliación continua deberá falar cos profesores ao comezo do curso. Nese
caso, e só nese caso, poderán examinarse do 100% da materia na 1ª
edición de actas (50% teoría, 50% práctica). O exame terá lugar na derradeira semana do curso

A
copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un
suspenso global na materia
. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses.

Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo 100% da cualificación (50% teoría, 50% práctica) para o alumnado que non superara a materia na primeira edición.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000