Traballos tutelados |
Presentación individual ou en grupo do traballo autónomo do alumno.
Ficha de lectura do libro
Tema de civilización |
10 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
O alumnado realizará exercicios teórico-prácticos ao longo do curso sobre os contidos explicados pola profesora nas sesións teóricas. |
10 |
Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa profesora ao comezo do curso. Nese caso, e só nese caso, poderán examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas (50% teoría, 50% práctica). O exame terá lugar ao final do cuadrimestre.
Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.
Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses.
Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo 100% da cualificación (50% teoría, 50% práctica) para o alumnado que non superara a materia na primeira edición. |