Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado realizará exercicios teórico-prácticos ao longo do curso sobre os contidos explicados pola profesora nas sesións teóricas. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a
avaliación continua deberá falar coa profesora ao comezo do curso. Nese caso, e só nese caso, poderán examinarse do 100% da materia na 1ª
edición de actas (50% teoría, 50% práctica). O exame terá lugar ao final do cuadrimestre.

Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses.

Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo 100% da cualificación (50% teoría, 50% práctica) para o alumnado que non superara a materia na primeira edición.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000