Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Outros Duas probas de comprensión/expresión que se farán ao longo do semestre. 60
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas de coñecemento ou traballos prácticos de lingua francesa 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª edición de actas os alumnos serán avaliados mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a
avaliación continua deberá falar co profesorado ao comezo do curso. Nese caso, e só nese caso, poderán examinarse do 100% da materia na 1ª
edición de actas. O exame será de comprensión/expresión escrita.

Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos na data requerida. As probas non entregadas contarán como un cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación franceses.

Os estudantes que non superen as outras formas de avaliación terán dereito a examinarse do 100% da materia en xullo. Será un exame de comprensión/expresión escrita.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000