Os alumnos deben posuír un nivel intermedio ou B.1 como mínimo para poder seguir as clases e obter o nivel final suficiente.
Recoméndase que os alumnos sigan a avaliación continua.
Para conseguir unha avaliación positiva é imprescindible que os alumnos presten a máxima atención en clase ao desenvolvemento do temario e á aplicación dos conceptos impartidos.
Fóra de clase é imprescindible a realización das tarefas e exercicios prácticos. Recoméndase o estudo diario da materia, xa que a aprendizaxe dun idioma require un estudo constante e progresivo. |