Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Redaccións que se elaboran na aula. Dúas probas principais 90 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B4
B7
B9
C1
C3
C4
C7
C8
C9
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Redaccións que se farán ao longo do curso 10 A1
A4
C1
C4
C7
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Recoméndase que o alumnado siga a avaliación continua, sendo o sistema con máis posibilidades de éxito para o alumnado.

1ª edición de actas: avaliación continua

A avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos feitos na clase que os alumnos no entreguen por non asistir a clase contarán como un "0". Para o cálculo da nota final aceptaráse como máximo dous xustificantes oficiais para eliminar notas de "0" asignadas por faltas de asistencia. As probas de tipo "resposta longa" serán redaccións que se farán ao longo do curso.

Anunciaranse na aula as datas para facer as probas. A primeria proba farase a semana a principio de curso e contará un 10% da nota final. Haberá outra proba a mediados de curso que contará un 10% da nota, outra a mediados que contará un 20% da nota final e unha última proba a finais que contará un 70% da nota final. Daráse importancia a evolución do alumnado ao longo do curso e a nota obtida na redacción final. As probas terán lugar durante o periodo lectivo.


As horas presenciais requiren, ademais da asistencia, unha preparación adecuada e unha participación activa.

O alumnado que non poidan asistir a algunha destas dúas probas principais, sexa polo motivo que sexa, deberán facer esa proba o día do exame de avaliación única. Os alumnos que non poidan facer a avaliación continua e opten pola
avaliación única deberán comunicarllo a profesora durante os primeiros
15 días de curso.

1ª edición de actas: avaliación única

O exame de avaliación única está pensado para o alumnado que no escollan a avaliación continua e para aqueles que non poidan asistir a algunha das dúas probas principais. O examen consitirá nunha redacción; tamén pode incluir a redacción de email e/ou leaflets. A calificación será do 100% da nota.

Este exame será na data establecida no calendario aprobado na Xunta da FFT.

2ª edición de actas (xullo)

Na segunda edición de actas (xullo) haberá unha proba única que consistirá nunha redacción (100% da nota final). A redacción tratará sobre algún dos temas tratados no curso e algún dos estilos de texto (opinión, narrativa, descriptivo; podrían tamén incluir email e leaflets). A redacción terá unha lonxitude de 250 palabras.

Este exame será na data establecida no calendario aprobado na Xunta da FFT.

Notas xerais

Na avaliación teranse en conta aspectos de contido (organización, thesis statement, organización dos párrafos, topic sentences ,etc,) e aspectos formais (gramática e vocabulario)

Prestaráselle atención tamén a compresión e a expresión escrita, ás estratexias de cohesión e coherencia textual, aos aspectos retóricos e de orientación así como ao uso do vocabulario a través de diferentes temas e textos.

As datas de probas avaliables serán anunciadas na aula e en FAITIC con antelación suficiente.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000