Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Redaccións que se elaboran na aula. Dúas probas principais 90
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Redaccións que se farán ao longo do curso 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua.

Os alumnos deben asistir ao 80% das clases como mínimo (tanto de horas teóricas como das prácticas).

A avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos feitos na clase que os alumnos no entreguen por non asistir a clase contarán como un "0". Para o cálculo da nota final aceptarase como máximo dous xustificantes oficiais para eliminar notas de "0" asignadas por faltas de asistencia. As probas de tipo "resposta longa" serán redaccións que se farán ao longo do curso. Anunciaranse na aula as datas para facelas e contarán un 10% da nota final. Haberá dúas probas principais, unha a mediados de curso e outra ao final que consistirán en redaccións. Tamén pode haber preguntas teóricas. Estas dúas probas conformarán a nota final xunto coas puntuacións nas redaccións que se farán ao longo do curso (proba a metade de curso 20%, redaccións ao longo do curso 10%, proba final 70%. Darase importancia a evolución dos alumnos ao longo do curso e a nota obtida na redacción final.

Os alumnos que non poidan facer a avaliación continua e opten polo exame final deberán comunicarllo a profesora os primeiros 15 días de curso. O exame final está pensado para os alumnos que non escollan a avaliación continua e aqueles que non poidan asistir a algunha das dúas probas principais. Os alumnos que non poidan asistir a algunha destas dúas probas, sexa polo motivo que sexa, deberán facer o exame final.

As horas presenciais requiren, ademais da asistencia, unha preparación adecuada e unha participación activa.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia.

Segunda edición de actas: Na segunda edición de actas (xullo) haberá unha proba única sobre os coñecementos teóricos e prácticos (100% da nota final).

Recoméndase que o alumnado siga a avaliación continua, sendo o sistema con máis posibilidades de éxito para o alumnado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000