Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Redaccións que se elaboran na aula. Dúas probas principais 90
Outras Proba sobre a aprendizaxe autónoma do alumnado 5
Probas de resposta curta Probas puntuais sobre a materia, conceptos teóricos e a súa aplicación. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua.

Os alumnos deben asistir ao 80% das clases como mínimo (tanto de horas teóricas como das prácticas).

A avaliación continua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos feitos na clase que os alumnos no entreguen por non asistir a clase contarán como un "0". Para o cálculo da nota final aceptarase como máximo dous xustificantes oficiais para eliminar notas de "0" asignadas por faltas de asistencia. As probas de tipo "resposta curta" serán controis puntuais que non se anuncian antes de realizalos. Anunciaranse na aula as datas nas que se realizarán os "traballos de aula" que son redaccións. Haberá dúas probas principais, unha a mediados de curso e outra ao final que consistirán en redaccións. Tamén pode haber preguntas teóricas. Estas dúas probas conformarán a nota final xunto coas puntuacións obtidas nos traballos de clase e autónomos, que contarán un 10%. Os alumnos que non poidan facer a avaliación continua e opten polo exame final deberán comunicarllo a profesora os primeiros 15 días de curso. O exame final está pensado para os alumnos que non escollan a avaliación continua e aqueles que non poidan asistir a alguna das dúas probas principais. Os alumnos que non poidan asistir a algunha destas dúas probas, sexa polo motivo que sexa, deberán facer o exame final.

As horas presenciais requiren, ademais da asistencia, unha preparación adecuada e unha participación activa.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia.

Segunda edición de actas: Na segunda edición de actas (xullo) haberá unha proba única sobre os coñecementos teóricos e prácticos (100% da nota final).

Recoméndase que o alumnado siga a avaliación continua, sendo o sistema con máis posibilidades de exito para o alumnado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000