Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Actividades desenvolvidas na clase 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de tipo escrito ( lectura e escritura) 40
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma probas escritas propostas pola profesora que o alumnado realiza de forma autonoma 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario apobar cada unha das seccións (reading e writing). Un insuficiente nunha delas implica un suspenso na materia. As probas que non sexan entregadas ou as feitas na aula que o alumnado non entregue por non asistir á clase contarán coma un cero. O plaxio total o parcial considerarase como un suspenso inmediato da materia.

O estudantado deberá asistir ao 80% das clases como mínimo, tanto nas horas de teoría coma nas de práctica. De non facelo, non poderá seguir a avaliación continua e neste caso o 100% da nota será un exame final. O alumnado que non poida realizar a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora de maaneira razoada e por escrito a primeira semana de curso.

Os traballos solicitados pola profesora deben entregarse nos prazos marcados, non se aceptarán aqueles entregados fóra de prazo.

A avaliación na segunda edición das actas consistirá nunha proba única sobre os coñecementos impartidos durante o curso.