Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Actividades desenvolvidas na clase 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de tipo escrito ( lectura e escritura) 40
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma probas escritas propostas pola profesora que o alumnado realiza de forma autonoma 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado debe asistir ao 80% das clases como mínimo (tanto de horas
teóricas como de horas prácticas). De non facelo, non poderá seguir a
avaliación continua e, neste caso, o 100 % da nota final constará da nota dun
exame final. O alumnado que non poida realizar a avaliación continua deberá
comunicarllo a profesora de forma razoada e por escrito a primeira semana de
clase.



As probas e os traballos de clase non son recuperables. Ao alumnado que
non os entregue por non asistir á clase, contaranlle como un cero.



As horas presenciais requiren, ademais da asistencia, unha preparación adecuada
e unha participación activa.

O estudantado terá que acadar un mínimo de 5.0 en cada un dos tres
apartados da avaliación (comunicación escrita e comprensión escrita). Un
suspenso nunha destas partes implica un suspenso na materia.

O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá un suspenso
automático na materia.

Na
segunda edición de actas a avaliación será mediante un exame final de
comprensión escrita e expresión escrita (50% cada unha das partes). Será
necesario aprobar as dúas partes para aprobar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000