Guia docente 2009_10
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro Idioma Estranxeiro II: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Redaccións que se elaboran na aula. 30%
Outras Proba final consistente en preguntas teóricas e na aplicación práctica dos contidos do programa. 50%
Probas de resposta curta Probas puntuais sobre a materia, conceptos teóricos e a súa aplicación. 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





O alumnado debe asistir ao 80 % das
clases como mínimo
(tanto de horas teóricas como de horas
prácticas e de laboratorio). De non facelo perderá o dereito á avaliación
continua e, neste caso, o 100 % da nota final constará da nota do exame final
oficial.



As probas e os traballos de clase non
son recuperables
. Ao alumnado que non os entregue por non asistir á clase,
contaranlle como un cero. As probas de tipo «resposta curta» serán controis puntuais que non se anunciarán antes de realizalos. Comunicaranse
na aula as datas en que se realizarán os «traballos de clase» que son redaccións. No cálculo da nota final non se incluirá a
cualificación máis baixa de entre todas as puntuacións das probas e dos
traballos de clase.



As horas presenciais requiren ademais da asistencia unha preparación adecuada
e unha participación activa.


O estudantado terá que acadar un mínimo de 5.0 en cada un dos tres apartados da avaliación.



O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá un suspenso
automático na materia.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000