Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Probas de expresión oral sobre os contidos do curso. 40 A1
A4
A5
B1
B5
B6
C10
C11
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de gramática e vocabulario e listening.Estas probas estarán baseadas nos contidos vistos na clase e nos contidos de traballo autónomo asignados aos alumnos 60 A1
A2
A3
B5
B9
B13
C1
C2
C4
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O curso ten unha orientación práctica. Para poder seguir as clases recoméndase posuir un nivel B1 de inglés. O nivel para superar a materia ao final do cuatrimestre deberá ser B1.2.

1ª edición de actas (xaneiro): Avaliación Continua

A avaliación continua constará da catro partes: speaking (40%), vocabulario (20%), gramática (20%), listening (20%). Será necesario aprobar cada unha destas partes para aprobar a materia. Un suspenso nunha destas partes implica un suspenso na materia (ver sección 2ª edición de actas).

Haberá unha proba de vocabulario e outra de gramática a mediados de curso e outra a finais durante o periodo lectivo. A nota media das dúas conformará a nota final. No speaking e o listening farase media pero prevalecerá a nota final.

O alumnado que non poida asistir a algunha destas probas, sexa polo motivo que sexa, deberán falar coa profesora para facer esa proba o día da avaliación única. Ese exame será na data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT.

O alumnado que non poida ou non desexe facer a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora as dúas primeiras semanas do curso. Terá a oportunidade da avaliación única.

1ª edición de actas (xaneiro): Avaliación Única

O exame
para o alumnado de avaliación única será a data establecida no calendario de
exames aprobado en Xunta de FFT.

Consistirá nunha proba única con catro
partes: vocabulario, gramática, listening e speaking. Para a proba de
speaking os alumnos deben preparar unha presentación de tres minutos
baseada nos contidos do curso. Deberán aprobarse cada unha das partes
para aprobar a materia.

2ª edición de actas (xullo)

(a) Os alumnos farán soamente as partes das probas que suspendan na primeira edición das actas; é dicir, o alumnado que suspenda algunha(s) das
partes fará soamente esa(s) partes na proba da segunda edición das actas
(xullo) e gardarase esa(s) parte(s) só ata xullo do correspondente
curso académico.

(b) A segunda edición das actas consistirá nunha proba única con catro partes: vocabulario, gramática, listening e speaking. Para a proba de speaking os alumnos deben preparar unha presentación de tres minutos baseada nos contidos do curso. Deberán aprobarse cada unha das partes para aprobar a materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000