Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Probas de expresión oral sobre os contidos do curso. 40 A1
C5
C13
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de gramática e vocabulario e listening.Estas probas estarán baseadas nos contidos vistos na clase e nos contidos de traballo autónomo asignados aos alumnos 60 A1
B5
C1
C6
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O curso ten unha orientación práctica. Para poder seguir as clases recoméndase posuir un nivsel B1 de inglés. O nivel para superar a materia ao final do cuatrimestree deberá ser B1.2

A avaliación constará da catro partes: speaking (40%), vocabulario (20%), gramática (20%), listening (20%). Será necesario aprobar cada unha destas partes para aprobar a materia. Un suspenso nunha destas partes implica un suspenso na materia.

Haberá unha proba de vocabulario e outra de gramática a semana do 26 deoutubro mediados de curso e outra a semana do 7 de decembro. A nota media das dúas conformará a nota final.Os alumnos que non poidan asistir a algunha destas probas, sexa polo motivo que sexa, deberán falar coa profesora para racer essa proba o día do exame final.

O speaking e o listening avaliaranse ao longo do curso pero prevalecerá a nota final.

Os alumnos  farán soamente as partes das probas que suspendan na segunda edición das actaas, é dicir, o alumnado que suspenda algunha(s) das partes fará soamente esa(s) partes na proba da segunda edición das actas (xullo) e gardarase esa(s) parte(s) só ata xullo do correspondente curso académico.

A segunda edición das actas consistirá nunha proba única con catro partes: vocabulario, gramática, listening e speaking. Para a proba de speaking os alumnos deben preparar unha presentación de tres minutos baseada nos contidos do  curso. Deberán aprobarse cada unha das partes para aprobar a materia.

Se algún alumno non desexa facer a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora as dúas primeiras semanas do curso.

O plaxio total ou parcial en calquer tipo de traballo escritoou oral suporá un cero nesa proba. Durante a realización dos exames non se permite a utilización de diccionarios, ordenador, conexión a internet ou calquer outro medio electrónico

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000