Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Probas de expresión oral sobre os contidos do curso. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de gramática e vocabulario e listening.Estas probas estarán baseadas nos contidos vistos na clase e nos contidos de traballo autónomo asignados aos alumnos 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación constará da catro partes: speaking (40%), vocabulario (20%), gramática (20%), listening (20%). Será necesario aprobar cada unha destas partes para aprobar a materia. Un suspenso nunha destas partes implica un suspenso na materia.

Haberá unha proba de vocabulario e outra de gramática a mediados de curso e outra a finais. A nota media das dúas conformará a nota final.

O speaking e o listening avaliaranse ao longo do curso pero prevalecerá a nota final.

Para seguir a avaliación continua os alumnos deben asistir ao 80% do curso. De non asistir deberán facer un exame final.

Os alumnos que suspendan unha das partes, farán soamente esa parte na proba da segunda edición das actas, os que suspendan dúas ou mais deberán facer todas as partes da materia.

A segunda edición das actas consistirá nunha proba única con catro partes: vocabulario, gramática, listening e speaking. Para a proba de speaking os alumnos deben preparar unha presentación de tres minutos baseada nos contidos do  curso. Deberán aprobarse cada unha das partes para aprobar a materia.

A profesora poderá facer probas sen previo aviso.

Se algún alumno non desexa facer a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora as dúas primeiras semanas do curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000