Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Probas de expresión oral sobre os contidos do curso. Pode haber tamén probas de comprensión oral 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de gramática e vocabulario 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario aprobar cada unha das seccións (vocabulario, gramática, expresión oral, comprensión oral). Un insuficiente nunha delas implica un suspenso na materia. As probas que non sexan entregadas ou as feitas na aula que o alumnado non entregue por non asistir á clase contarán coma un cero. O plaxio total ou parcial considerarase como un suspenso inmediato da materia.

O estudantado debe asistir ao 80% das clases como mínimo, tanto nas horas de teoría como nas de práctica. De non facelo, non poderá seguir a avaliación continua e neste caso o 100% da nota será un exame final. O alumnado que non poida realizar a avaliación continua deberá comunicarllo á profesora de maneira razoada e por escrito a primeira semana de curso.

Os traballos solicitados pola profesora deben entregarse nos prazos marcados. Non se aceptarán aqueles entregados fóra de prazo.

O sistema de avaliación constará das seguintes partes:

A nota final obterase da suma das diferentes porcentaxes (30% expresión oral, 10% comprensión oral, 30% vocabulario e 30% gramática). Non obstante, se algunha está suspensa suporá un suspenso na materia e non se fará nota media. Haberá dúas probas de gramática e vocabulario: unha a mediados de curso e outra ao final. Haberá dúas probas principais de comunicación oral e pode haber algunha de comprensión oral. Deberá aprobarse cada unha das seccións. Se o alumno non pode asistir a algunha destas dúas probas, sexa polo motivo que sexa, deberá facelas todas a derradeira semana de curso nun exame único final. Poderán facer o exame final os alumnos que non optasen pola avaliación continua e aqueles que non fixesen algunha das dúas probas de gramática e vocabulario realizadas durante o curso.

A profesora poderá facer probas orais sen previo aviso que contarán para a nota final. Poderá haber tamén probas de comprensión oral. Os alumnos que suspendan unha das partes unicamente deberán examinarse da parte suspensa. Os que suspendan dúas ou máis deberán facer todas as partes .

A avaliación na segunda edición das actas consistirá nunha proba única sobre os coñecementos de vocabulario (30%), gramática (30%), comprensión oral (10%) e expresión oral (30%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000