Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Probas sobre as explicacions dos contidos 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades de vocabulario e gramatica 40
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma exercicios de traballo autónomo de carácter escrito e oral 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario aprobar cada unha das seccións
(vocabulario, gramática, expresión oral, comprensión oral). Un insuficiente
nunha delas implica un suspenso na materia. As probas que non sexan entregadas
ou as feitas na aula que o alumnado non entregue por non asistir á clase
contarán como un cero. O plaxio total ou parcial considerarase como un suspenso
inmediato da materia.

O estudantado debe asistir ao 80 % das clases como mínimo, tanto nas horas
de teoría como nas de práctica. De  non facelo, non poderá seguir a
avaliación continua e neste caso o 100% da nota será dun exame final. O
alumnado que non poida realizar a avaliación continua deberá comunicarllo a
profesora de maneira razoada e por escrito a primeira semana de curso.

Os traballos solicitados pola profesora deben entregarse nos prazos
marcados, non se aceptarán aqueles entregados fóra de prazo.

O sistema de avaliación constará das seguintes partes:

A nota final obterase da suma das diferentes porcentaxes (30% expresión
oral, 10% comprensión oral, 30% vocabulario e 30% gramática). Non obstante, se
algunha está suspensa suporá un suspenso na materia e non se fará a nota media.

A avaliación
na segunda edición de actas (no mes de xullo) consistirá nunha proba única
sobre os coñecementos de vocabulario (30%), gramática (30%), comprensión oral
(10%) e expresión oral (30%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000