Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Presentacións sobre temas tratados nos contidos do curso e outras probas orais. 40
Presentacións/exposicións Probas de coñecemento sobre os contidos do curso: Vocabulario (20%)e use of English (30%).

50
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas sobre os coñecementos de listening. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario aprobar cada unha das probas,
un
insuficiente nunha delas implica un suspenso na materia. As probas que
non
sexan entregadas ou as feitas na aula que o alumnado non entregue por
non
asistir á clase contarán como un cero. O plaxio considerarase como un
suspenso.

O estudantado debe asistir ao 80 % das clases como mínimo, tanto
nas horas
de teoría como nas de práctica e nas de laboratorio.Se algún estudiante
non
pode asistir ás clases debe comunicarllo á profesora razoadamente e por
escrito
durante os primeiros 15 días do curso. Durante ese prazo o alumnado
poderá renunciar
á avaliación continua;daquela será avaliado na convocatoria de xullo cun
exame; de escoller esta modalidade recoméndase o alumnado
encarecidamente a asistencia a clase.
Pasado ese prazo o alumnado non poderá renunciar á avaliación continua e
deberá
asistir ao 80% das clases como mínimo.



Os traballos solicitados pola profesora deben entregarse nos prazos
marcados,
non se aceptarán aqueles entregados fóra de prazo.

O sistema de
avaliación constará das seguintes partes:

1. As presentacións e
outras probas orais sobre os temas tratados no curso
constituirán un 40% da nota final. Asignaráselle ao estudantado unha
serie de
presentacións e outras probas orais que se levarán a cabo ao longo do
curso.
Cada unha delas será avaliada e a suma de todas constituirá a nota final
desta
sección. As presentacións ou outras probas orais ás que o alumnado non
asista
contarán cunha nota de cero.

2.Faranse unha serie de probas
durante o curso sobre os coñecementos de Use
of English que sumarán unha nota final do 30%. Do mesmo xeito que no
apartado
anterior, as probas ás que o alumnado non asista contarán cunha nota de
cero.

3. Realizaranse unha serie de probas sobre os contidos
prácticos de
vocabulario que sumarán un 20% e de listening que sumarán un 10% da nota
final.
A non asistencia a algunha delas contará cunha nota de cero.

Estes
tipos de proba deben ser aprobados na súa totalidade. A nota final
obterase da suma das diferentes porcentaxes. Non obstante, se algunha
está
suspensa suporá un suspenso na materia e non se fará a suma total das
porcentaxes. A avaliación será continua e non se fará exame final.

A
segunda convocatoria consistirá nunha proba única sobre os coñecementos
teóricos e prácticos, así como as diferentes destrezas, na que se
aplicarán as
mesmas porcentaxes da avaliación continua. Na segunda edición das actas
(convocatoria de xullo) o alumnado de avaliación continua que non
superou a
primeira convocatoria deberá facer únicamente aquelas partes que non
aprobou.
Se suspende esa convocatoria nas seguintes deberá examinarse da materia
completa.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000