Guia docente 2009_10
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro Idioma Estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións sobre temas tratados nos contidos do curso. 10%
Sesión maxistral Probas de coñecemento sobre os contidos do curso.

10%
Probas prácticas, de execución. Probas de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas sobre os coñecementos de use of English, vocabulario, listening e/ou speaking. 30%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






Para superar a materia será necesario aprobar cada unha das probas, un insuficiente
nunha delas implica un suspenso na materia. As probas que non sexan
entregadas ou as feitas na aula que o alumnado non entregue por non asistir á
clase contarán como un cero. O plaxio considerarase como un suspenso.


O estudantado debe asistir ao 80 % das clases como mínimo, tanto nas
horas de teoría como nas de práctica e nas de laboratorio.




Os traballos solicitados pola profesora deben entregarse nos prazos marcados,
non se aceptarán aqueles entregados fóra de prazo.




O alumnado que non asista á clase fará a proba final que contará o 100 % da
nota. O estudantado que asista á clase fará avaliación continua e a proba
final contará o 50 % da nota final.


O sistema de avaliación constará das seguintes partes:


1. As presentacións sobre os temas tratados no curso constituirán un 10 %
da nota final. Asignaráselle ao estudantado unha serie de presentacións que
se levarán a cabo ao longo do curso. Cada unha delas será avaliada e a suma
de todas constituirá a nota final desta sección. As presentacións as que o
alumnado non asista contarán cunha nota de cero.


2. Sesión maxistral. Faranse unha serie de probas durante o curso sobre
os coñecementos teóricos da materia que sumarán unha nota final do 10 %. Do
mesmo xeito que no apartado anterior, as probas as que o alumnado non asista
contarán cunha nota de cero.


3. Probas prácticas. Realizaranse unha serie de probas sobre os contidos
prácticos e as distintas destrezas que sumarán un 30 % da nota final. A non
asistencia a algunha delas contará cunha nota de cero.


4. Proba final. Farase unha proba final sobre os coñecementos teóricos e
prácticos adquiridos no curso que sumará un 50 % da nota final. A non
asistencia  contará cunha nota de cero.


Estes catro tipos de proba deben ser aprobados na súa totalidade. A nota
final obterase da suma das diferentes porcentaxes. Non obstante, se algunha
está suspensa suporá un suspenso na materia e non se fará a suma total das
porcentaxes.


A segunda convocatoria consistirá nunha proba única sobre os coñecementos
teóricos e prácticos, así como as diferentes destrezas.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000