Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación dun traballo escrito sobre un tema relacionado coa materia. 20 A1
A2
A3
A4
B1
B6
B11
C53
C54
C55
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... 10 A1
A2
A4
B1
B6
C53
C54
C55
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre un tema do programa. 70 A2
A3
C53
C54
C55
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Todas as alumnas e alumnos serán avaliados co sistema de avaliación continua, que require a presentación dun traballo escrito (20%), unha presentación oral (10%) e un exame (70%). Neste exame, que terá lugar na data prevista no calendario oficial da Facultade.

Aínda que se recomenda a todo o alumnado que asista ás clases, non se esixe asistencia para acollerse ao sistema de avaliación continua. A entrega do traballo tutelado programarase para a primeira semana de outubro (2-6). Estas datas son orientativas e pode ser necesario modificalas dependendo da marcha do curso; o alumnado, asista ou non a clase, debe manter o contacto coa docente e estar pendente da plataforma FAITIC para estar ao tanto das novidades ou axustes que se poidan producir. Quen atope dificultade para respectar os prazos de entrega dos exercicios deberá contactar coa docente, que terá en consideración as circunstancias en cada caso e decidirá se procede facer algunha excepción.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

As alumnas e alumnos que non alcancen o aprobado na primeira oportunidade (xaneiro) poderán presentarse en xullo, na data oficial correspondente. A proba a través da que se cualificará nesta edición de actas é un exame que incluirá preguntas teóricas e prácticas.

Tanto na primeira como na segunda edición de actas, non se poderá obter a cualificación de aprobado se non se alcanza un mínimo de 5 puntos (sobre 10). Tanto nos exames como no resto dos exercicios e probas propostos penalizaranse os erros de expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso inadecuado do léxico, etc.). No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta non se puntuará.

O alumnado erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua española igual ou superior a C1.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000