Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Consistirá na exposición oral por parte do alumnado (individual, por parella ou en grupo de 3 ou 4 persoas) dun tema lingüístico concreto que se escollerá entre os propostos pola docente. O obxectivo é avaliar a competencia oral dos discentes nun contexto formal. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame que abordará os temas estudados durante o curso. Nesta proba terán cabida preguntas de carácter teórico e outras de carácter práctico. Realizarase na antepenúltima sesión docente e dedicaranse as dúas últimas sesións a tarefas de revisión e comentario das probas realizadas. 50
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá na elaboración dun traballo proposto en clase (resumo de artigos, valoración crítica dunha obra literaria, etc.) no que se avaliará a competencia do alumnado no relativo ao dominio das técnicas e mecanismos de síntese e redacción dun texto. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao inicio do curso, os alumnos deberán indicarlle á docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (exame oficial da materia fixado pola Facultade). Os discentes que se acollan ao sistema de avaliación única realizarán un exame no que terán cabida cuestións teóricas e prácticas. Os alumnos que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á avaliación única na segunda edición de actas (xullo) e nas sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso. Os estudiantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario. Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. Se durante a corrección de actividades e traballos detéctase copia ou plaxio, os referidos traballos non se valorarán. A avaliación das lecturas obrigatorias relizarase no exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000