Guia docente 2009_10
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación Escrita e Oral en Lingua Española
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Elección dun tema relacionado con algún dos contidos vistos na clase, por exemplo algunha modalidade textual ou unha forma de comunicación oral, e elaboración dun breve traballo de análise que deberá ir acompañado dunha exposición oral na aula. 30%
Traballos de aula Execución de exercicios propostos pola docente e análise de textos e de producións orais. 30%
Resolución de problemas e/ou exercicios Corrección das prácticas propostas e resposta as preguntas formuladas sobre as lecturas feitas. 20%
Traballos e proxectos Lectura de traballos especializados nos contidos da materia e realización de resumos e de exposicións orais sobre eles. 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






Para lograr o aprobado
na avaliación continua haberá que realizar todas as actividades propostas no
punto anterior. A non realización dalgunha delas suporá  non aprobar a materia.


Haberá un exame final,
na data oficial fixada polo centro, para o estudantado que non siga a avaliación
continua. Este exame cubrirá o 100 % da cualificación da materia, e
consistirá nunha serie de prácticas escritas e unha parte oral en que o
alumnado deberá realizar unha breve exposición sobre un tema proposto pola
profesora.


No mes de xullo, na
convocatoria extraordinaria, realizarase un exame na data oficial establecida
polo centro. Este cubrirá o 100 % da cualificación da materia, e consistirá
nunha serie de prácticas escritas e unha proba oral na que o alumnado deberá
realizar una breve exposición sobre un tema proposto pola profesora.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000