Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a
presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora de contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas
e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que o alumnado ten que desenvolver.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumnado debe desenvolver as solucións apropiadas ou correctas mediante a aplicación de diferentes rutinas ou procedementos. Téñase en conta que parte dos temas que figuran na sección de "Contidos" non se abordará nas clases teóricas, senón que se tratará íntegramente nas sesións prácticas (o tema 3, por exemplo).
Traballo tutelado A alumna ou alumno, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante a docente e un grupo de estudantes dun tema sobre
contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000