Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Serán determinantes na cualificación aspectos como a correcta presentación e organización do texto, o grao de competencia oral do discente, a súa axeitada exposición así como os diferentes procedementos didácticos utilizados. 5 A1
A2
A3
A4
B1
B3
B4
B6
B8
C53
C54
C55
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada semana os alumnos deberán resolver pola súa conta unha serie de exercicios que despois serán revisados na clase. A profesora especificara no seu momento cáles destas prácticas serán avaliables. 30 A1
A3
B1
B6
B8
B9
B12
C53
C54
C55
Traballos e proxectos Os discentes deberán elaborar un traballo sobre un tema acordado coa profesora, que titorizará a súa elaboración. O traballo deberá presentarse por escrito, prestando especial atención á corrección formal do mesmo e á súa organización. 10 B1
B6
B8
B9
B12
C53
C54
C55
Probas de resposta curta Farase un exame de cada unha das metades da materia que cubrirá os puntos máis importantes do temario. 55 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B6
B9
B10
C53
C54
C55
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Modalidade de avaliación continua. O estudantado que asista ao curso e participe de xeito regular fará un exame de cada unha das metades da materia, un cara a metade de novembro e o outro en decembro, na data oficial para a avaliación única aprobada pola Xunta de FFT. O alumnado que suspenda a primeira parte terá ocasión de recuperala tamén nesa mesma data de decembro fixada para a avaliación única. A data de entrega dos traballos/proxectos será acordada coa profesora ao comezo do curso.

Quen non se acolla á avaliación continua deberá xustificalo de xeito razoado ao comezo das sesións e realizar a avaliación única mediante un exame na data oficial aprobada pola Xunta de FFT. Para presentarse a este exame será requisito indispensable que previamente entregue á profesora un traballo (semellante ó incluído no apartado de "traballos e proxectos" da avaliación continua) que sexa considerado apto pola profesora; neste suposto, dito traballo suporá ata o 10% da nota.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xullo)

O estudantado, tanto de avaliación continua como de avaliación única, que non supere a materia na primeira edición de actas examinarase na segunda edición de actas (xullo) por medio dun exame na data oficial aprobada pola Xunta de FFT. Para presentarse a
este exame será requisito indispensable que previamente entregue á
profesora un traballo (semellante ó incluído no apartado de "traballos e
proxectos" da avaliación continua) que sexa considerado apto pola
profesora; neste suposto, dito traballo suporá ata o 10% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000