Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Serán determinantes na cualificación aspectos como a correcta presentación e organización do texto, o grao de competencia oral do discente, a súa axeitada exposición así como os diferentes procedementos didácticos utilizados. 25 A1
A3
B1
B3
C1
C4
C6
C8
C9
C12
D1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Terase en conta a participación activa do alumnado nestas actividades. As profesoras especificarán previamente cales destas prácticas serán avaliables. 40 A1
A3
B1
B3
C1
C4
C6
C8
C10
C11
D1
D3
Traballos e proxectos Os discentes deberán elaborar un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia. A elección do tema contará sempre co visto e prace do profesorado, que titorizará a súa elaboración. Os alumnos e alumnas deberán presentar o traballo por escrito -atendendo ás normas requiridas de corrección lingüística, organización e adecuado tratamento do tema- e realizar unha exposición oral perante o profesorado e o grupo. 35 A1
A3
B1
B3
C1
C4
C6
C8
C9
C10
C11
C12
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua.  Se algún alumno ou alumna non pode cumprir co requisito de asistencia fixado, deberá comunicarllo razoadamente á profesora nun prazo de dúas semanas desde o comezo de curso. Neste caso, haberá unha modalidade de avaliación única que constará na realización de dúas probas (a primeira contra a metade do cuadrimestre e a segunda en xaneiro ) (80%), a entrega dun traballo previo acordo coa profesora (10%) e un control das lecturas, textos, artigos... (10%) solicitadas durante o curso.

O estudantado que non supere a materia na primeira edición de actas (xaneiro), examinarase na segunda edición de actas (xullo) por medio dun exame (100% da cualificación) que abrangue a totalidade da materia e constará dunha proba escrita (50%) e dunha proba oral (50%). Para o aprobado  cumprirá obter obrigatoriamente un mínimo de 5 puntos sobre 10 en ambas as partes da proba (oral e escrita).



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000