Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a participación (intervencións, preguntas ou respostas ás cuestións das docentes) nas clases maxistrais. O alumnado deberá necesariamente estar presente, como mínimo, nun oitenta por cento delas. 15
Presentacións/exposicións Serán determinantes na cualificación aspectos como a correcta presentación e organización do texto, o grao de competencia oral do discente, a súa axeitada exposición así como os diferentes procedementos didácticos utilizados. 25
Resolución de problemas e/ou exercicios Terase en conta a participación activa do alumnado nestas actividades. As profesoras especificarán cales destas prácticas serán avaliables. 25
Traballos e proxectos Os discentes deberán elaborar un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia. A elección do tema contará sempre co visto e prace do profesorado, que titorizará a súa elaboración. Os alumnos e alumnas deberán presentar o traballo por escrito -atendendo ás normas requiridas de corrección lingüística, organización e adecuado tratamento do tema- e realizar unha exposición oral perante o profesorado e o grupo. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua. Para poder ser avaliado cómpre asistir ao 80% das clases. Se algún alumno ou alumna non pode cumprir co requisito de asistencia fixado, deberá comunicarllo razoadamente a unha das profesoras nun prazo de dúas semanas desde o comezo de curso.

O estudantado que non supere a materia pola avaliación continua (febreiro), examinarase na 2ª convocatoria (xullo) por medio dun exame (100% da cualificación), que constará dunha proba escrita (50%) e dunha proba oral (50%). Para superar a materia cumprirá obter obrigatoriamente un mínimo de 5 puntos sobre 10 en ambas as partes da proba (oral e escrita).



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000