Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia: Historia dos países do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación de problemas que o alumnado debe resolver na clase relacionados coa parte do temario impartido nas clases teóricas. 20 A1
A2
A3
A4
B7
Traballos e proxectos Redacción escrita e exposición oral dun traballo, que pode facerse en grupos pequenos. Implica a súa exposición oral, o debate e a defensa do devandito traballo. 20 A2
A3
A4
A5
B11
B12
C79
C81
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais, así como unha proba ou probas prácticas. 50 A4
B10
C75
C76
C77
C78
Outras En todas as actividades e probas valorarase a participación activa do alumnado. 10 A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición das actas:

O alumno debe escoller a principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación única. Recoméndase, en todo caso, o primeiro deles. Para non perder a avaliación continua será necesario entregar como mínimo tres das prácticas feitas en clase e indicadas pola profesora que se realizarán durante o cuadrimestre nas clases prácticas.

O alumnado que siga o sistema de avaliación continua deberá notificalo nas dúas primeiras semanas de clase e realizará un exame, que coincidirá coa data establecida no calendario de exames, no que a cualificación suporá o 50% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. Ademais, o 20% da nota final obterase coa resolución de exercicios relacionados con algúns temas que se realizarán nas clases prácticas. Outro 20% da nota final obterase coa redacción escrita e exposición oral dun traballo. O 10% restante obterase coa participación activa do alumnado en todas as actividades desenvolvidas na aula.

Recoméndase o uso da bibliografía complementaria indicada pola profesora, a disposición dos estudantes nas bibliotecas da Universidade de Vigo, para a realización dos traballos que implican exposición oral, o debate e a súa defensa. A exposición terá lugar nas catro últimas semanas e terán que ser entregados á profesora cunha semana de antelación á súa exposición. Non se admitirán os traballos fora do prazo indicado pola profesora e non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet e, especialmente, de wikipedia. A copia ou plaxio, total ou parcial, nos traballos suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

O alumno que non siga o sistema de avaliación continua terá avaliación única mediante un exame, na data oficial establecida no calendario de exames, no que a cualificación suporá o 60% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar a varias preguntas relacionadas co temario. O 40% restante será completado a través dun traballo obrigatorio, a convir coa docente, que os alumnos deberán entregar como data límite na fixada para a realización da proba escrita. Para poder superar o exercicio será necesario obter como mínimo 3 puntos na parte teórica e 2 no traballo.

Na segunda edición de actas (xullo) e en cursos posteriores o alumnado tanto de avaliación continua como de avaliación única deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica que representará o 40% da cualificación versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter como mínimo 3 puntos na parte teórica e 2 na práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000