Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia: Historia dos países do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación de problemas que o alumnado debe resolver na clase relacionados con algúns temas. 20 C7
D1
D2
D3
D4
Traballos e proxectos Redacción escrita e exposición oral dun traballo, que pode facerse en grupos pequenos. Implica a exposición oral, o debate e a defensa deste. 20 C12
D2
D3
D4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais 50 C10
D4
Outras En todas as actividades e probas valorararse a participación activa do alumnnado 10 D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno debe escoller a principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación única. Recoméndase, en todo caso, o primeiro deles. Para non perder a avaliación continua será necesario entregar como mínimo tres das prácticas feitas en clase e indicadas pola profesora que se farán durante o cuadrimestre nas clases prácticas.

O alumno que siga o sistema de avaliación única realizará un exame na última semana do cuadrimestre no que a cualificación suporá o 50% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar a varias preguntas relacionadas co temario. O 20% da nota final obterase coa resolución de exercicios realacionados con aglúns temas que se desenvolverán nas clases prácticas. O 20% da nota final obterase coa redacción escrita e exposición oral dun traballo. Recoméndase o uso da bibliografía
complementaria indicada pola profesora para a realización dos traballos
que implican exposición oral, o debate e a defensa deste. A exposición
terá lugar nas duas últimas semanas e terán que ser entregados a
profesora cunha semana de antelación a sua exposición.Non se admitirán os traballos fóra do prazo indicado pola profesora e
non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha
circunstancia,moi especialmente a copia directa de internet e,
especialmente, de wikipedia. A copia ou plaxio total o parcial nos traballos suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

 O alumno que non siga o sistema de avaliación continua terá avaliación única mediante un exame na última semana do cuadrimestre no que a cualificación suporá o 60% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar a varias preguntas relacionadas co temario. O 40% restante será completado a través dun traballo obligatorio, a convir coa docente, que os alumnos deberán entregar como data límite na fixada para a realización da proba escrita. Para poder superar o exercicio será necesario obter un minimo de 3 puntos na parte teórica e un 2 no traballo.

Todas as probas de avaliación se realizará dentro do período de docencia.

Na segunda edición (xullo) o alumnado deberá realizar un exercicio escrito que constará dunha parte teórica e doutra práctica. A parte teórica que representa o 60% da cualificación, versará sobre contidos do programa da materia. A parte práctica que representará o 40% da cualificación versará sobre aspectos do programa que foran traballados durante o curso. Para poder superar o exercicio será necesario obter un minimo de 3 puntos na parte teórica e un 2 no traballo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000